tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Prácticas do Obradoiro “Robots en acción” das X Xornadas

Para o profesorado:

Aquí tedes as prácticas do obradoiro “Robots en Acción” das X Xornadas de Tecnoloxía de Galicia:

Publicaranse tamén na web de APETEGA, no apartado de obradoiros.

Hai quen me preguntou se podía utilizalas co alumnado. Non hai ningún problema. Podedes usalas e modificalas, pero respectando a licenza Creative Commons que aparece no encabezamento.

O obradoiro foi dun nivel básico, inicial, e visto que houbo xente que asistiu para preguntar dúbidas e resolver problemas de programación máis complexos, poderíase pensar nun un obradoiro de nivel II para as seguintes xornadas se é que hai demanda. Xa se verá.

En todo caso, se tedes algunha dúbida concreta podedes escribirme un correo e intentarei axudarvos.


2 Comments

  1. Boas, non sei se me lembras de latri.ca,agardo que si.
    Seguro que coñeces as TED Talks, pero no caso de que non as coñezas eí vai unha que igual che interesa.
    http://www.ted.com/talks/dennis_hong_my_seven_species_of_robot.html

    Un saúdo.
    André Rivero

  2. Pois hai varios séculos que non me paso por Latri.ca, haberá que ir por alí a dar unha volta.
    Grazas pola ligazón.

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.