tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Probador virtual

A realidade aumentada está a se facer cada vez máis sitio no noso mundo, máis alá das aplicacións de ocio.
Un exemplo disto témolo en Glasses Direct, tenda de gafas que permite aos visitantes probarse en liña os distintos modelos.

Para probarte as gafas cómpre descargar unha aplicación desde video-mirror (só funciona en windows). Despois de conectar a cámara web e marcar unha serie de puntos de referencia no teu rostro xa podes ver como te quedan as gafas de mostra.

Aquí tes un vídeo de exemplo:

[Vídeo de glassesdirect.co.uk]

Como ves, esta vez non temos que imprimir ningunha plantilla para superpoñer unha imaxe virtual nunha real, pois a aplicación combina tecnoloxía de realidade aumentada con captura de movemento, encargada de almacenar dixitalmente os movementos.

Se non tes cámara web non te preocupes, xa que tamén podes probarte gafas utilizando unha fotografía. Pódelo facer en virtual mirror.

E a cousa non se queda nas gafas. Dáche preguiza andar a vestirte e desvestirte para probarte roupa nas tendas? Non te preocupes, que xa empezan a existir comercios que ofrecen un probador on-line:

[youtube: Zugara’s Augmented Reality & Motion Capture Shopping App]

Ver máis anotacións sobre realidade aumentada.

Actualización: A web de Ray-Ban tamén dispón dun probador virtual


One Comment

  1. ¡Me lo he pasado pipa probándome gafas!