tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Propulsión a chorro (de auga)

A propulsión a chorro é un procedemento polo que se impulsa cara adiante un obxecto como reacción á expulsión cara atrás dunha corrente de gas ou líquido a gran velocidade.

Un exemplo sinxelo é o movemento dun globo inchado cando se deixa saír o aire repentinamente.

Outro exemplo nolo dan uns bombeiros co experimento que podes ver neste vídeo. Son capaces de elevar un automóbil utilizando chorros de auga a presión. (vía: Sin los pies en el suelo)

Os reactores atmosféricos utilizados en aviación dependen do fluxo dunha gran masa de aire que se comprime e finalmente se expande ata baixas presións a través dunha tobera para lograr unha elevada velocidade de saída do chorro.

turborreactor

Hai outras variantes, como as turbohélices, os turboventiladores, estatorreactores, etc.

Nesta ligazón podes ver unha animación do funcionamento destes sistemas.

Na páxina 8 desta infografía de consumer.es explican tamén como funcionan os propulsores dos avións.


Deixa unha resposta

Required fields are marked *.