tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Publicar un blogue

Un blogue, blog, weblog ou bitácora é un sitio web que recompila textos ou artigos que se van ordenando cronoloxicamente.

Os artigos poden incluír imaxes, vídeos, slides, animacións flash, son, etc. Existen infinidade de aplicacións útiles para inserir contidos nos blogs.

Un blog pode ser xestionado por unha ou varias persoas, pode tratar unha temática concreta, e as persoas visitantes poden, na maioría dos casos, deixar os seus comentarios.

What is it Boy?

É moi doado crear un blog. Antes de facelo pensa detidamente:

  • No deseño.
  • No contido. De nada serve ter un magnífico deseño se logo non ofrecemos un contido interesante. Pensa no que vas publicar.

Para facerte unha idea do que podes facer podes visitar antes algúns blogs. Aquí diante de ti tes un, e podes atopar máis utilizando buscadores especializados:

Agora terás que pensar como e onde publicar o teu blog. Hai moitos sitios que ofrecen o servizo e o aloxamento de xeito gratuíto. Aquí tes algúns:

Agora só falta que te animes a crear un!


3 Comments

  1. e de toda esa lista cal recomendas

  2. A min gústame wordpress, de feito este blog está feito con el. Iso no caso de descargar unha aplicación para instalala nun servidor.

    Se queres un espazo gratuíto para ter un blog, recoméndoche blogaliza, pois utiliza wordpress, está en galego, ten un montón de estilos visuais, …

    Claro que esta é só a miña opinión. O mellor é que lle botes unha ollada a varias opcións e elixas por ti mesma.

  3. sitio que ofrece o servizo e o aloxamento de xeito gratuíto http://www.expresaideas.com

Deixa una resposta a ana Cancelar a resposta

Required fields are marked *.