Reorganización dos contidos

Os usuarios e usuarias dos contidos de tecnoloxia.org ides atopar as cousas cambiadas de sitio. Aproveitei a posibilidade que ofrece worpress de configuralo como multisite para organizar doutro xeito os contidos de electricidade, electrónica e revoltallo de termos, eliminando sub-menús e facendo máis cómoda (penso eu) a navegación e a edición destas seccións.

As páxinas son as mesmas, e o único cambio é que agora están situadas en novos directorios, polo que debedes actualizar as ligazóns. Por exemplo, durante o curso chegan moitas visitas desde aulas moodle, que agora terán os links rotos. Desculpade as molestias.

Deime de conta de que moitas propostas de proxectos son de hai moitos anos. Desde que temos robots xa non facemos proxectos de automatismos analóxicos, e dedicámonos máis á programación de robots. Teño pendente unha sección de Control e Robótica que deixara a medias hai tempo e non sei cando atoparei tempo para actualizala. A verdade é que cómpre poñer isto ao día e ofrecer uns contidos máis actualizados, pero será mellor agardar a que saibamos se a tecnoloxía interesa ou non neste penoso proceso de cambio lexislativo que estamos a sufrir.

As que sufriron modificacións foron as actividades interactivas das distintas seccións. A ver se vos resultan de utilidade.

Se atopades algún erro ou vedes que algo non funciona, por favor, avisade para amañalo.


Deixa un comentario