tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

Resposta errónea?

Esta imaxe téñoa vista en varios sitios de internet xunto a outras que se citan como respostas erróneas e divertidas nos exames.
mate2.jpg
Sen embargo, para min a resposta é perfectamente válida e correcta. Se o que se pide é achar x, o x está achado na resposta. O alumno ou alumna fixo o que se lle pedía. Se o enunciado fose “calcula o valor de x” a cousa sería diferente.

Creo que hai que ter un especial coidado na forma de realizar as preguntas dos exames. Os enunciados deben ser claros, indicar perfectamente o que se pide e non deben dar lugar a diferentes interpretacións. Iso é responsabilidade do profesorado, e non do alumnado.

Especialmente grave é que este tipo de cousas sucedan en probas como selectividade, oposicións, etc.

Un feito moi común é que se utilicen para os exames problemas publicados en libros, e nese caso sempre deberían revisarse os enunciados, pois estamos sacando os problemas do seu contexto.

Por exemplo, se obtemos o enunciado dun libro de electrónica dixital, no exame habería que revisar o enunciado e indicar que se resolva utilizando portas lóxicas, pois tal vez o problema poda resolverse mediante lóxica cableada, un sistema pneumático, etc. Se non revisamos o enunciado a solución pode ter múltiples interpretacións válidas que non son a que queremos avaliar, pero que non teñen por que ser erróneas.

Hai miles de exemplos de respostas curiosas, atrevidas e alucinantes do alumnado nos exámenes, pero cómpre tamén un pouco de autocrítica por parte do profesorado, que tamén cometemos bastantes erros.


7 Comments

Deixa unha resposta

Required fields are marked *.