Reto:
A cortadora láser de CO2 que temos no taller necesita un circuíto de refrixeración para o tubo que consiste un depósito de auga, unha bomba e uns condutos que percorren o tubo de CO2 por dentro. Cómpre que a temperatura da auga non supere os 35ºC. Como a nosa máquina non consta con ningún sistema de seguridade, imos fabricar un sistema de alarma que nos avise de que a auga alcanzou a temperatura máxima e así evitar que se estrague o tubo.
Montaxe:
Necesitamos os seguintes compoñentes:
- Arduino Nano
- Sensor de temperatura DS18B20+ resistencia de 4,7kΩ: pin 5
- Display de 4 díxitos digitalTube: CLK pin 12 e DIO pin 11
- Zumbador: pin 3
- Pulsador + resistencia de 10kΩ: pin 2
- Led + resistencia de 220Ω: pin 13
- Unha fonte de alimentación 5-6V (pódese reciclar dun móbil vello)
Cómpre tamén debuxar e imprimir unha caixa para todos os compoñentes.
Programa:
Previamente mira como programar os compoñentes que vas utilizar:
Proposta:
- Debemos poder visualizar a través dun display 7seg a temperatura da auga de refrixeración.
- A auga de refrixeración non debe exceder os 35ºC. Se se supera esta temperatura debemos parar a máquina de corte láser ata que baixe.
- Cando se supera esa temperatura deberá soar unha alarma que nos avise. Usaremos un zumbador.
- A alarma desactívase premendo nun pulsador e volverase a activar cando a temperatura baixe dos 35ºC.
- Un LED vermello acendido indicará se superamos a temperatura de 35ºC.
- O control realízase cun arduino Nano.
Deseño 3D:
Débese deseñar unha caixa na que caiban todos os compoñentes e con ocos de saída para conectar a alimentación e o sensor.