Condicionais

Introdución:

Mediante as funcións condicionais engadiremos aos nosos proxectos capacidade de decisión facendo que certas funcións ou programas se executen ou non se se dan determinadas condicións preestablecidas.

Guía de programación:

Funcións de control

if(condición) { proceso }  (Se… )
if Cando se cumpre a condición establecida execútanse as funcións do proceso definido entre as chaves {…}. Cando non se cumpre a condición non se executa nada e o programa segue o seu curso. Exemplo: Se a entrada é menor que 500 execútase o proceso.

if (entrada < 500) {
    // Proceso
}
if(condición) { proceso 1 } else { proceso 2 }  (Se … se non …)
 if-else Neste caso definimos dous procesos, un para cando se cumpre a condición establecida e outro para cando non se cumpre. Exemplo: Se a entrada é menor que 500 execútase o proceso 1, e se non execútase o proceso 2

if (entrada < 500) {
    // proceso1
}
else {
    // proceso2
}
switch() / case (Múltiples casos)
fluxo_cond5 Permite elixir entre varios camiños para executar diferentes procesos. Exemplo: Se a variable toma o valor 4 execútase o proceso 1, se toma o valor 5 execútase o proceso 2 e se non se cumpre ningunha das anteriores condicións (default) execútase o proceso 3.

switch(variable) {
   case 4:
      // proceso1
   break;
   case 5:
      // proceso2
   break;
   default:
      // proceso3
   break;
}

Operadores booleanos:

AND: &&
digitalRead(2)==1 && digitalRead(3)==1
// A saída é 1 cando os dous pins (2 e 3) dan 1 simultaneamente.
OR: ||
digitalRead(2)==1 || digitalRead(3)==1
// A saída é 1 cando calquera dos pins dan 1, ou ambos á vez.
NOT: !
! digitalRead(2)
//A saída é 1 cando o pin 2 dá 0.

Material:

  • Arduino UNO e placa de prototipos
  • 2 LEDs
  • 2 Pulsadores de contacto
  • Resistencias: Para os LEDs: 560Ω (ou outro valor menor que 1kΩ) Para os pulsadores: 10kΩ

Montaxe:

Conectaremos un LED e un pulsador coas súas respectivas resistencias do mesmo xeito que na práctica “Pulsadores controlando LEDs“. Despois deberás conectar máis LEDs e pulsadores.

interruptor_pulldown 

 

 


1 comentario en “Condicionais”

Deixa un comentario