Descrición: Temporización
Imos utilizar o condicional if … sen poñer o else. Desta maneira executamos un proceso cando se cumpre a condición, e no caso contrario non sucede nada.
Por exemplo, imos facer que cando premamos no pulsador, un LED se acenda durante un tempo determinado e despois dese tempo se apague.
Programa:
- Creamos unha variable que lea o estado do pulsador
- Utilizamos o condicional if … pois non necesitamos que se execute ningún proceso cando o pulsador está desactivado.
// Declaración de variables
const int led = 13; // Pin 13 asignado a un LED
const int pulsador = 2; // Pin 2 asignado a un pulsador
int estado=0; // Variable coa que leremos o estado do pulsador. Se non prememos: estado=0 Se prememos nel: estado=1
// Configuración
void setup() {
pinMode(led, OUTPUT); // Configuramos o LED como saída
}
// Programa
void loop(){
estado = digitalRead(pulsador); // Lemos o estado do pulsador e asignamos o valor á variable "estado"
if (estado == HIGH) { // Se hai sinal no pulsador
digitalWrite(led, HIGH);
delay(2000);
digitalWrite(led, LOW);
}
}
Propostas:
Conecta dous interruptores e dous LEDs, con cadansúas resistencias de protección e, utilizando as funcións condicionais, resolve os seguintes problemas:
- Latexando:Fai que ao premer nun pulsador un LED latexe acendéndose e apagándose 3 veces e despois permaneza apagado.
- Unha función para cada pulsador: Temos dous pulsadores. Un encárgase de acender un LED e o outro de apagalo.