Detección de pulsos.

Descrición:

reboteCando prememos nun pulsador, a tarxeta arduino pode detectar varios pulsos seguidos no canto de detectar un único pulso. Isto pode non ser importante en moitos casos, por exemplo, para acender un LED, pois acontece moi rápido e non o notamos, pero pode ser unha molestia en moitos casos coma, por exemplo, cando queremos contar o número de pulsos.

Nesta sección imos ver como solucionar estes problemas de detección de pulsos e aproveitaremos para facer unhas prácticas de contadores e de almacenamento dun estado na memoria.

Material:

  • 2 LEDs
  • 2 Pulsadores de contacto
  • Resistencias: Para os LEDs: 560Ω (ou outro valor menor que 1kΩ) Para os pulsadores: 10kΩ

Montaxe:

Conectaremos un pulsador no pin dixital 2, e un LED no pin 13, coas súas resistencias correspondentes, do mesmo xeito que fixemos na práctica de “Pulsadores controlando LEDs”. Para resolver os problemas das propostas necesitarás conectar un segundo LED e un segundo pulsador coas súas resistencias.

  

 


Deixa un comentario