Introdución:
Sinais analóxicos:
Os sinais analóxicos son sinais continuos, tanto no tempo como en amplitude, que poden tomar infinitos valores.
No arduino podemos conectar periféricos analóxicos nas entradas analóxicas “Analog IN”. Non temos pins de saída analóxicos, pero podemos utilizar os pins dixitais para enviar sinais PWM~
Pins de entrada analóxicos:Pins A0 -> A5: Permiten conectar ata 6 periféricos analóxicos de entrada. |
Pins de saída PWM:Pins marcados co símbolo ~ (3, 5, 6, 9, 10, 11): saídas de sinal PWM |
Guía de programación:
Funcións analóxicas:
analogRead(pin); Lee o valor dunha entrada analóxica. Pode tomar os valores entre 0 e 1023.
analogWrite(pin, valor); Envía un sinal de saída PWM ao pin indicado, cun valor comprendido entre 0 e 255.
Outras funcións:
map(valor, min, max, Nmin, Nmax); Permite reasignar un valor comprendido entre un máximo e un mínimo noutro valor comprendido entre outro máximo e outro mínimo. Exemplo:
a = analogRead(A2); // con esta función lemos o valor da entrada analóxica A2, que pode tomar valores entre 0 e 1023.
b = map(a,0,1023,0,255); // Agora transformamos ese valor a nun valor b comprendido entre 0 e 255, para, por exemplo, poder envialo a través unha saía PWM
Lectura serial:
Podemos ler a través da pantalla do ordenador (consola serial) os valores dunha entrada analóxica ou dixital.
- Na configuración: Serial.begin(9600); Inicia a comunicación serial
- No programa: Serial.print(valor); Imprime na pantalla o valor lido nunha entrada
- No programa: Serial.println(valor); Imprime na pantalla o valor lido nunha entrada e pasa a unha nova liña