Antes de comezar cómpre coñecer as diferentes partes da tarxeta Arduíno. Tes unha descrición nesta páxina.
Instalación da contorna de programación
Para programar o Arduíno podemos empregar o Arduíno IDE. O IDE é unha Contorna de Desenvolvemento Integrado, é dicir, unha aplicación que ten o necesario para poder crear programas, cargalos na tarxeta Arduíno e analizar os resultados.
Podes instalalo no teu ordenador indo a http://Arduíno.cc/en/Main/Software ou en Linux instalalo directamente desde os repositorios.
Configuración
Conecta a tarxeta Arduíno ao ordenador mediante un cable USB.
Abre o Arduíno IDE e, en “Ferramentas” ou “Utilidades” → “Tarxeta“, busca o teu modelo de Arduíno. No noso caso é Arduíno Uno. Pode ser que o programa xa a detectara automaticamente.
Podes necesitar configurar tamén o porto serie no que está conectada a tarxeta Arduíno: vai a “Ferramentas” → “Porto” e busca o porto serie ao que está conectado.
Se tes problemas para comunicarte co porto serie pode deberse á falta de permisos. En Linux, como administrador, conecta a placa, abre un terminal e escribe o seguinte. Despois reinicia o equipo para que os cambios fagan efecto permanentemente:
- Incluír os usuarios no grupo dialout: sudo usermod -a -G dialout
- Dar permisos para comunicarse co porto serie tyACM0: sudo chmod 777 /dev/ttyACM0
- Crear un enlace simbólico ao porto: sudo ln -sf /dev/ttyACM0
Proba a tarxeta: Blink
Abre o programa “Blink” en Arquivo -> Exemplos -> Básicos -> Blink e descárgao na tarxeta Arduíno premendo no segundo botón superior
Observarás que escintila o LED conectado ao pin 13. Iso significa que a placa funciona ben e se conecta perfectamente co ordenador, así que xa podemos comezar a programar.