Un sensor é un dispositivo capaz de medir o valor dunha determinada magnitude física ou química (temperatura, velocidade, intensidade da luz, presión, forza, pH, distancia, inclinación, etc.)
Para poder manexar esta información cun dispositivo electrónico cómpre transformar estas magnitudes en sinais eléctricos (resistencia, intensidade, capacidade, tensión, etc.). Nestes casos os sensores reciben o nome de transdutores, aínda que os podamos chamar sensores de forma xenérica.
Son muchos os tipos de sensores que podemos utilizar cunha placa Arduíno.
Nas primeiras prácticas utilizamos xa algúns sensores (pulsadores e potenciómetros), pero para os nosos proxectos podemos necesitar outros.
Nesta sección irei engadindo outros sensores que poden ser útiles para os nosos proxectos, a medida que vaiamos dispoñendo deles ou os vaiamos utilizar.