Descrición:
Se queremos traballar cun motor de CC pequeno, de pouca potencia, pode funcionarnos conectándoo directamente no Arduíno. Porén, se queremos potencia, a intensidade de saía que nos dá a placa Arduíno non vai ser suficiente, e necesitaremos un circuíto amplificador cun transistor.
Material:
- Motor CD de 5 ou 6V
- Resistencia de 330Ω
- Transistor NPN de uso xeral (por exemplo BC547, 2N2222, etc)
- díodo ( por exemplo 1N4001, 1N4007)
Montaxe:
Se o motor é moi potente non o conectes aos 5V da placa e utiliza alimentación externa.
Programas:
1. Arranca e para
1. Arranca e para: Imos facer que, de forma cíclica, un motor xire un pequeno intervalo de tempo e pare durante outro tempo.
// Declaración de variables: int motor = 6; // pin conectado á base do transistor // Configuración: void setup(){ pinMode(motor, OUTPUT); } // Programa: void loop(){ digitalWrite(motor, HIGH); delay(1000); digitalWrite(motor, LOW); delay(1000); }
2. Aumentamos a velocidade
2. Aumentamos a velocidade: Aumentamos a velocidade facendo medrar o valor de tensión que chega ao motor. Para iso utilizamos unha saída PWM (de 0 a 255)
// Declaración de variables: const int motor = 6; // Pin conectado á base do transistor // Configuración: void setup(){ pinMode(motor, OUTPUT); } // Programa: void loop(){ for ( int n=0; n<255; n++){ analogWrite(motor,n); delay(20); } }
Propostas:
- Ventilador automático. Conecta un sensor de temperatura á entrada analóxica A0. Se o sinal de entrada é menor que un determinado valor o motor está parado. Cun valor superior arranca.
- Control da velocidade con potenciómetro. Conecta un potenciómetro á entrada analóxica A0, cuxa lectura usaremos para variar o sinal que enviamos á base do transistor, variando a velocidade de xiro.