Descrición
![[tecnoloxia.org CC By-SA]](https://tecnoloxia.org/robotica/wp-content/uploads/sites/5/2016/10/auga1.gif)
[tecnoloxia.org CC By-SA]
Moito coidado coa auga!! pois a electrónica non se leva nada ben con ela. Mantén o recipiente o máis lonxe posible da placa Arduíno.

[tecnoloxia.org CC By-SA]
Sensores
Que sensores poderías utilizar? Existen diversos tipos de sensores de nivel de auga comerciais, pero igual non compensa mercalos co orzamento que temos. Aquí tes unhas ideas:
Con cables:
Se o teu é montar circuítos electrónicos, a opción máis económica é fabricar o nosos propios sensores cuns cables, resistencias e transistores. Tes o esquema á dereita.
Nesta páxina tes un exemplo: arduino-water-level-indicator-controller
Co sensor T1592 P:
Unha opción económica é utilizar un sensor de nivel específico para Arduíno: water sensor T1592 P. O problema é que a diferenza de nivel que pode detectar é duns poucos centímetros, pero a conexión é moi simple: dous pins para a alimentación e o que queda a unha entrada analóxica do Arduíno. Segundo sexa o nivel de auga obteremos un valor analóxico diferente. Terás que realizar a calibración para observar as medidas nos diferentes niveis.Con sensor ultrasónico
Outra opción é utilizar un sensor ultrasónico na parte superior do recipiente. Debes construír un sistema de suxeición do ultrasónico de xeito que quede paralelo á superficie da auga e, importantísimo, que non se molle!Deberemos calibrar as medidas e observar o valor que nos dá. Segundo os valores obtidos realizaremos a programación de acendido dos LEDS ou da mensaxe na LCD
Nesta web tes unha descrición da lectura con ultrasónico e visualización con LCD.
Propostas
- Bomba de auga: Podes engadir unha pequena bomba de auga somerxible, de xeito que cando o recipiente está baleiro a bomba se active e cando está cheo pare. A auga que eliminemos a través da billa da parte inferior debe ir ao recipiente da bomba, formando un circuíto cerrado.
[tecnoloxia.org CC By-SA]