Descrición
Xa utilizamos o monitor serie para mostrar valores de variables do noso programa, pero en certas ocasións pode resultarnos útil observar os valores en forma de gráfica. Para iso imos utilizar o Serial Plotter, incorporado desde a versión 1.6.6 e que se atopa na barra de ferramentas.

| Para mostrar unha variable no plotter procedemos da mesma forma que cando imprimiamos o valor na consola serie: |
Serial.println(valor); |
| Se queremos mostrar varias variables na mesma gráfica, só temos que imprimir as variables polo porto serie separadas por comas. O plotter debuxará cada variable cunha cor diferente. |
Serial.print(valor1);
Serial.print(",");
Serial.println(valor2);
|
Práctica:
Exemplo: gráficas trigonométricas
// Declaración de variables:
float a;
float b;
// Configuración:
void setup(){
Serial.begin(9600);
while (!Serial);
}
// Programa
void loop(){
for (int i=0; i<=360; i++){
a=sin(i*PI/180);
b=cos(i*PI/180);
Serial.print(a);
Serial.print(",");
Serial.println(b);
delay(1);
}
}
Propostas:
- Plotter: Utiliza o plotter serie para visualizar a variación dunha variable lida nunha entrada analóxica. Por exemplo, cun potenciómetro ou unha LDR.