Proxectos

Nesta sección irei poñendo propostas de proxectos de control con Arduíno.

En moitos casos intentamos reutilizar proxectos da ESO de cursos pasados para controlalos con Arduíno, pois desa maneira aforramos tempo de montaxe e centrámonos na parte da electrónica e programación, pero outros están deseñados e construídos desde cero.

As propostas son abertas. Pártese dun obxectivo simple ao que imos engadindo máis elementos e retos, sexan os propostos aquí como aqueles que sexan idea do alumnado que vai traballando no proxecto.

Non inclúo os programas completos, pois a idea é que, consultando o que se requira, sexa o propio alumnado o que chegue a realizar o programa, e pode haber diversas solucións aos problemas propostos.

Aquí hai algúns vídeos de proxectos realizados co IDE de Arduíno. Non están todos os que facemos, pero si unha mostra dalgúns máis representativos. Irei engadindo cada curso outros vídeos dos proxectos que vaiamos sacando adiante.

Brazo Robot:

Ascensor:

Cinta transportadora:

Aparcadoiro:

Porta de garaxe:

Semáforo de coches e peóns:

A máquina máis inútil do mundo

Invernadoiro

Clasificador branco/negro


Deixa un comentario