Reto:
Imos montar un invernadoiro automatizado con arduino. Necesitamos unha placa arduino, uns sensores e uns actuadores e intentar que unha planta sobreviva dentro ata final de curso.
Montaxe:
Placa: Arduino UNO
Sensores:
- Sensor de Temperatura e humidade DHT 11: Sinal de datos no pin dixital D2
- Sensor de auga no solo: Pin analóxico A0
- Luxómetro BH1750: Dirección I2C 0x23. SCL: A5, SDA: A4
- Módulo RTC DS1302: RST: D8, DAT: D7, CLK: D6
Actuantes:
- Módulo Relé1: In1: D9, In2:D10
- Módulo Relé1: In1: D11, In2:D12
- Bomba de auga para o rego (Relé1 D9)
- Ventilador recuperado dun ordenador vello para baixar a temperatura (Relé1 D10)
- Servomotor para abrir unha ventá no invernadoiro (Relé2 D11)
- Lámpada para proporcionar iluminación (Relé2 D12)
Visualizador:
- Pantalla LDC I2C 4×20– Dirección I2C 0x3F. SCL: A5, SDA: A4
Configuración: LiquidCrystal_I2C lcd(0x3F,20,4);
Programa:
Primeiro fai as prácticas de cada un dos compoñentes que vas utilizar (sensores, relé, servo e pantalla LCD). Despois intenta resolver os seguintes retos:
- Investiga sobre os niveis mínimo e máximo de temperatura, humidade ambiental e auga no solo que debe ter a planta do invernadoiro para que sobreviva.
- Cando a terra estea seca (por debaixo do valor mínimo do sensor) deberá activarse unha bomba de auga que humedeza a terra ata que se alcance o valor máximo de auga no solo.
- Deberá activarse un ventilador e abrirse unha ventá cando a humidade relativa do aire ou a temperatura dentro do invernadoiro superen os seus valores máximos.
- Cando o nivel de luz ambiental baixe do valor mínimo, sendo de día, deberá acenderse unha lámpada de invernadoiro.
- Deberán visualizarse todos os datos na pantalla LCD
Propostas de mellora:
Se conseguimos máis compoñentes poderemos engadir estas melloras.
- Cando a temperatura interior baixe do valor mínimo deberá acenderse unha placa calefactora.
- Se a humidade baixa do 20% activar un pulverizador de auga.
- Almacenar a información dos sensores cada hora nunha tarxeta SD externa.
Exemplo:
Proxecto de Daniel, Xandre, Diego e Pedro no curso 2020-2021.