Descrición
Cando queremos enviar un sinal de entrada a Arduíno mediante un pulsador, un interruptor ou calquera sensor dixital engadimos unha resistencia conectada como na imaxe da dereita. Imos ver por que.
O que non debemos facer
Cando queremos recibir o sinal dun pulsador a través dunha entrada dixital, o primeiro que se nos podería ocorrer é conectalo directamente desde Vcc ata o pin de entrada no Arduíno.
Cando prememos no pulsador obtemos 5V (HIGH) á entrada. O problema é que cando o pulsador non está premido non podemos saber con certeza cal é o estado no que se atopa o pin, pois non está conectado a nada.
Podemos imaxinar que se atopa a 0V (LOW), pero non ten por que ser así: debido ao ruído eléctrico, variacións na fonte de alimentación, etc., a interpretación do sinal pode ser tanto LOW como HIGH. Estariamos nun caso de indeterminación, que non nos interesa.
Por suposto que tampouco podemos conectar o pulsador como se ve na seguinte imaxe, pois estariamos provocando un curtocircuíto!
Resistencias pull down e pull up
O modo correcto de conectar un pulsador ou calquera outro sensor que envíe un sinal de entrada á placa Arduíno é mediante a conexión de resistencias en modo pull-down ou pull-up. Estas configuracións aseguran os sinais LOW e HIGH no pin dixital do Arduíno.
Pull down: | Pull up: | |
|
|
|
De xeito xeral usaremos unha resistencia de 10kΩ.