Descrición:
Imos ver como controlar o acendido e apagado dun LED premendo en pulsadores.
Material:
- Arduino UNO e placa de prototipos
- 2 LEDs
- 2 Pulsadores de contacto
- Resistencias: Para os LEDs: 220Ω (ou outro valor menor que 1kΩ) Para os pulsadores: 10kΩ
Montaxe:
Conectaremos un LED cunha resistencia de 220Ω en serie igual que fixemos na primeira práctica.
O pulsador conectarémolo na parte central da protoboard, segundo o seguinte esquema:

Máis adiante necesitarás conectar outro pulsador e outro LED.
![]() |
![]() |
Programas:
1. Pulsador NA
O LED acéndese ando prememos nun pulsador e apágase cando o soltamos.
// Declaración de variables
const int led = 13; // Pin 13 asignado a un LED
const int pulsador = 2; // Pin 2 asignado a un pulsador
// Configuración
void setup(){
pinMode(led, OUTPUT); // Configuramos o LED como saída.
}
// Programa
void loop() {
digitalWrite(led,digitalRead(pulsador)); // Transmitimos ao LED o valor do pulsador
}
2. Variable estado
Podemos facer o mesmo definindo unha variable “estado” que lea o valor do pulsador (o ou 1). O programa escribirá no LED o valor que toma esta variable:
// Declaración de variables:
const int led = 13; // Pin 13 asignado a un LED
const int pulsador = 2; // Pin 2 asignado a un pulsador
int estado = 0; // Variable na que apuntamos o estado do pulsador
// Configuración:
void setup(){
pinMode(led, OUTPUT); // Configuramos o LED como saída
}
// Programa:
void loop() {
estado=digitalRead(pulsador); // Lemos o estado do pulsador (0 ou 1) e gardámolo na variable "estado"
digitalWrite(led,estado); // Transmitimos ese valor ao LED
}
Propostas:
- Cada pulsador un LED: Conecta dous pulsadores e dous LEDs, con cadansúas resistencias de protección. Fai que cada pulsador controle un LED.

