Un servo recibirá as ordes de abrir ou pechar a caixa de seguridade. Podes utilizar unha caixa de cartón cunha ventá común entre a caixa e a tapa. Nunha posición o brazo do servo atravesará a ventá non permitindo que se abra e noutra posición quedará libre.
Clave de acceso:
Para que ninguén ande a fedellar nos proxectos podemos engadir unha clave. O proxecto funcionará normalmente cando o sistema estea desbloqueado. Unha vez programado, engade este programa ao dun proxecto xa construído. Deberá funcionar só cando o sistema estea desbloqueado.
Sistema de alarma:
Imos emular un sistema de alarma nunha vivenda. Podes facelo nunha pequena maqueta de cartón.
[Public Domain]
Sensores: Incorpora un sensor en cada ventá e en cada porta da vivenda, de xeito que o sensor envíe un sinal cando se abran. Podes utilizar un microinterruptor ou un sensor reed + un imán. Tamén podes incorporar un sensor PIR para unha estancia da vivenda.
Activación: A alarma actívase mediante un número de 4 díxitos que se debe introducir pola consola serie. Cando a alarma está activada debe mostrar a mensaxe “Alarma activada”.
Saída: No momento en que calquera sensor instalado na vivenda detecte a entrada dun intruso, deberá aparecer na consola a mensaxe “Presencia de intruso, sistema disparado”. Ademais debe soar un zumbador e acenderse e uns LEDs de maneira intermitente simulando un sinal de bombeiros ata que se desactive a alarma.
Desactivación: Para desactivar a alarma débese introducir a través da consola un código numérico de 4 díxitos diferente ao de activación. No momento de desactivala aparece a mensaxe “Alarma desactivada” e apagaranse o zumbador e os LEDs.
Erro: Se os códigos introducidos para a activación e desactivación son erróneos, aparecerá a mensaxe “Código erróneo” na consola e volverá pedir introducilos. Podes establecer un límite de tres intentos.
Cando isto funcione pode mellorar o proxecto substituíndo a consola por unha pantalla LCD para mostrar o texto e un mando IR ou un teclado matricial para introducir os códigos.
We use cookies on our website to give you the most relevant experience by remembering your preferences and repeat visits. By clicking “Accept All”, you consent to the use of ALL the cookies. However, you may visit "Cookie Settings" to provide a controlled consent.
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.