Do 9 ao 13 de novembro celébrase a II Semana Internacional do Láser. Son moitísimas as aplicacións que ten a tecnoloxía láser na industria, especialmente no referente á fabricación mecánica e procesado de materiais.
Un exemplo tédelo no seguinte vídeo no que se pode ver unha máquina-ferramenta que realiza operacións de corte mediante tecnoloxía láser. O metal fúndese nos puntos polos que pasa o feixe de luz láser e os residuos son retirados cun gas a alta presión. As operacións prográmanse mediante CAD 3D e a máquina encárgase do resto de forma automática. O aceiro parece manteiga!
[youtube:Laser tube cutting machines | BLM GROUP]
Os obxectos están deseñados para soportar esforzos que non superen o límite elástico do material, pero na conformación das pezas trabállase na zona plástica, máis alá do límite de fluencia, o que permite ao material adaptar unha forma permanente unha vez ceden os esforzos aos que se somete coas máquinas de conformado.


O arrabio ten impurezas e unha cantidade de carbono moi elevada polo que debe ser tratado, xunto cunha porcentaxe de ferralla e fundente, nun convertedor de osíxeno de onde obtemos un aceiro líquido cunha porcentaxe de carbono axeitada.
A laminación consiste en facer pasar o aceiro solidificado entre roletes ou cilindros xiratorios para reducir a súa sección transversal e aumentar a súa lonxitude.