Cubiluz, o cubo luminoso

Non tiña pensado publicar nada máis hoxe, pero acabo de ver en Obsoletos un proxecto moi interesante para facer en clase de tecnoloxía.

Trátase dun cubo de papel que cambia de cor cada vez que o xiramos, tal e como se pode ver neste vídeo:


Cubo luminoso from Obsoletos on Vimeo

Para poder facer isto necesitamos un sensor de inclinación, pero o interesante deste proxecto é que podemos fabricarnos un caseiro utilizando unha moeda en uns cables. O esquema sería este:

sensor_inclinacion.png

Podes ver as instrucións completas no blogue de Obsoletos


Wii

O CEIP de Palmeira publica na súa web as instrucións para a construción dun encerado dixital de baixo custo (menos de 60 euros), utilizando o mando duna wii e fabricando artesanalmente un punteiro infravermellos como o que ves na imaxe.
punteiro IR

A idea é moi interesante para aqueles centros ós que lles interese ter un encerado dixital e non teñan presuposto para mercalo.

wiimoteEste proxecto paréceme moi interesante para comprender un pouquiño mellor a tecnoloxía actual que, no caso da wii, combina electrónica, tecnoloxías da comunicación, tecnoloxías da información e tamén materiais, pois de algo está fabricada.

Unha das principais características do wii remote ou wiimote é o seu sensor de movemento, o que lle permite medir distancias, detectar a dirección dos movementos e determinar a posición do control utilizando un acelerómetro e un sensor de IR.

celerómetroacelerómetroO acelerómetro é un dispositivo que detecta e mide a vibración, a inclinación, a velocidade e, por suposto, a aceleración. Hai moitos tipos de acelerómetros, e atópanse en teléfonos móbiles, en podómetros, nos airgbag dos automóbiles, sismógrafos, lavadoras, cámaras fotográficas, robots, etc.
Constan dunha peza móbil que, segundo o seu movemento, produce diferentes voltaxes na placa, que constitúen os datos que logo van ser procesados.

A barra que se coloca debaixo do televisor serve de guía para o wiimote, detectando a dirección dos seus movementos. Consta dun conxunto de LEDs infravermellos. O wiimote ten un sensor de luz IR que detecta a posición dos LEDs da barra e determina a distancia do control á televisión. O movemento e a rotación do control con respecto ó chan calcúlanse tendo en conta o ángulo relativo á barra e as voltaxes do acelerómetro.
barra wii
Tódolos datos de detección de movemento e de apuntado envíanse a un chip Bluetooth integrado na placa do mando wiimote. Este chip encárgase de enviar instantaneamente o conxunto de datos á wii para a súa recepción e posterior proceso para amosar os resultados na pantalla. A comunicación realízase mediante ondas de radio, na banda de 2.4 GHz.

Se queres saber máis sobre o funcionamento do wiimote podes visitar esta páxina.