Xenial Karn Map! unha aplicación educativa que permite simplificar funcións lóxicas mediante mapas de karnaugh, obter a táboa de verdade elixindo min-terms ou max-terms ou debuxar o seu esquema electrónico.
Pode serlle moi útil ao alumnado para corrixir os exercicios de electrónica dixital, ou se non os pillamos, para usar de chuleta nos exames ;-)
Para un nivel máis avanzado, DSLab UAM ofrécenos ademais outras interesantes aplicacións: Combinational Circuits, con exercicios de electrónica combinacional, e Sequential circuits, con exercicios de electrónica secuencial.
No supermercado vemos bandexas de cogomelos todos igualiños, orientados do mesmo xeito e co rabo da mesma lonxitude. Podemos imaxinarnos unha fábrica cunha chea de traballadoras e traballadores dedicándose intensamente a clasificar, cortar e ordenar os cogomelos en bandexas para preparalos para a comercialización, pero o máis seguro é que non sexa así. Hoxe en día as fábricas están intensamente automatizadas e unha parte moi importante das tarefas son realizadas por máquinas que funcionan coordinadas entre si mediante complexos sistemas de control.
Mirade este vídeo e observade como é o proceso dunha fábrica de cogomelos, onde está automatizado o cultivo, colleita, clasificación por tamaños, orientación, corte e paletizado dos ricos “champis”, conseguindo unha produción de dúas toneladas por hora.
Actualización 15/10/2012: Se preferides os cogomelos naturais aos industriais, non hai máis que ir ao monte a buscalos agora que estamos no outono, pero sempre con moito coidado de identificalos ben, non vaia ser que sexan velenosos. Para axudarnos a identificalos hai unha aplicación para móbiles android chamada Micokey, que descubrín grazas a Mallando no Android. A aplicación MicoKey comprende as 255 especies máis comúns de Galicia, incluíndo fichas con imaxe e datos de polo menos cen destas especies. Nas vindeiras actualizacións incluirán máis fichas detalladas.
De tódolos xeitos, se tedes dúbidas, cómpre sempre consultar a algunha persoa experta. Non comades cogomelos collidos no campo sen ter a seguridade de que son comestibles.…
Se tes un teléfono con SO Android e es estudante ou profesional da electrónica seguramente te gustará a aplicación ElectroDroid que podes descargar de balde.
Aínda que moitos dos recursos que ofrece excedan as necesidades dos estudantes de Educación Secundaria, podemos sacarlle partido a moitas ferramentas.
Por exemplo, inclúe calculadoras do código de cores das resistencias, da Lei de Ohm, divisores de voltaxe, da resistencia equivalente de sistemas en serie e paralelo ou da frecuencia e tempo de disparo dun temporizador 555.
Tamén inclúe táboas de datos moi útiles para clase: Símbolos electrónicos, valores de resistividade e condutividade, táboas de verdade das portas lóxicas, álxebra de Boole ou os pins dos integrados da serie 7400.
Pódense instalar novos plugins, coma un pequeno simulador de circuítos “EveryCircuit“. Non é gran cousa, polo menos a versión free que probei, pero para levar no peto está moi ben. Inclúe animacións e sinal de osciloscopio.…