Despois de varias edicións nas que Vigo non participou, esta fin de semana puidemos ver de novo no Marco o programa audiovisual de Art Futura 2014, a 25ª edición do festival de referencia en cultura dixital e novos medios que inclúe as últimas achegas en animación 3D, motiongraphics, time-lapse, efectos especiais e documentais sobre cultura dixital.
Aínda estades a tempo de velo, pois no Marco vanse repetir as proxeccións durante a fin de semana que vén (14, 15 e 16 de novembro) e a seguinte (21,22 e 23 de novembro). Podes ver aquí o calendario e horarios.
[ArtFutura 2014 – The Digital Promise from ArtFutura on Vimeo.]
Este ano o festival ArtFutura explora baixo o título A Promesa Dixital o que esperabamos da tecnoloxía hai 25 anos, o que esta achegou ao noso presente, así como o que nos pode deparar no futuro.
Hai agora 25 anos que a revolución cibernética prometía un novo mundo e unha realidade alternativa de posibilidades infinitas. Pero cales foron os cambios reais a través destes anos? en que dirección imos agora? “Prometerádesme colonias en Marte. No canto diso, dádesme Facebook” dicía en 2012 un decepcionado Buzz Aldrin, astronauta que pisou a Lúa na misión do Apolo 11, que esperaba moito máis da evolución da tecnoloxía durante estes anos. Con todo, o cambio na nosa maneira de traballar, comunicarnos, aprender, crear e compartir é espectacular. Non credes?
Este ano toca reflexionar sobre o que esperabamos, o que non esperabamos, o que nos sorprendeu, cara a onde imos… ou cara a onde cremos que imos.
Podes ver na web de tve o documental “La promesa digital”.
[The Digital Promise / La Promesa Digital – Teaser from ArtFutura on Vimeo.]
Máis información:
- Art Futura 2014
- Calendario e horarios no Marco (Vigo)
- Información sobre os programas en croamagazine
- Documental “La promesa digital”