XII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia

Para o profesorado de Tecnoloxía: Xa están en marcha as XII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia, organizadas por APETEGA.

Este ano terán lugar no IES A Guía, en Vigo, os días 31 de maio e 1 de xuño de 2013, e contarán con múltiples obradoiros prácticos. O prazo de inscrición abrirase o 17 de maio.

Tedes toda a información na web de apetega.

 

Intentarei achegarme por alí, pero coa intención de tomalo con calma. A ver se me atopo ben eses días.


VII Mostra de Proxectos “Tecnoloxía na Rúa”

Quen estea en Santiago de Compostela o vindeiro venres 1 de xuño non debe perderse a VII Mostra de Proxectos “Tecnoloxía na Rúa”, na céntrica Praza do Toural. A mostra está organizada por APETEGA coa imprescindible colaboración do IES Rosalía de Castro.

Coma noutras edicións, exporanse os proxectos realizados polo alumnado na materia de Tecnoloxía da ESO de diversos institutos galegos e haberá algúns obradoiros prácticos nos que os asistentes poderán participar.

Este ano, coma novidade, levaremos algúns antigos trebellos que nos permitirán ser conscientes da evolución da tecnoloxía ao longo do tempo. Poderedes falar por uns teléfonos de manivela, facer cálculos con calculadoras mecánicas, ver como eran os ordenadores dos anos 80 (ZX Spectrum, commodore 64), unha videoconsola SOUNDIC, un amplificador HI- FI de válvulas, e moitas máis sorpresas.

  • Data: 1 de xuño de 2012
  • Lugar: Praza do Toural en Santiago de Compostela
  • Horario: de 17:00 a 20:30 horas
  • Cartel anunciador
  • Díptico

V Xornada Monográfica de APETEGA: As redes sociais na educación

O sábado 12 de novembro terá lugar no I.E.S. de Brión a V Xornada monográfica de Apetega, que este ano tratará o tema das redes sociais na Educación.

Contará con dous grandes expertos no tema: Juan José de Haro e Juan Carlos López Ardao, que nos achegarán ao mundo das redes sociais aplicadas ao procesos educativos.

Tedes ata o 5 de novembro para inscribirvos.

Podes consultar máis información na web de apetega

 


VI Mostra de Proxectos “Tecnoloxía na rúa”

apetega_VImostra.jpgQuen ande esta tarde por Santiago de Compostela que non se perda a VI Mostra de Proxectos “Tecnoloxía na rúa” que organiza Apetega.

Trátase dunha mostra de proxectos realizados polo alumnado de tecnoloxía da ESO en diversos institutos de Galicia.

  • Lugar: Praza do Toural. Santiago de Compostela
  • Data: 10 de xuño de 2011
  • Hora: de 17:00 a 20:30 horas

Outras edicións sempre contaron con proxectos do noso insti, pero este ano non poderei ir. A ver o ano que vén …


XI Xornadas de Tecnoloxía de Galicia

Para o profesorado:
apetegaXa está aberto o prazo de inscrición das XI Xornadas de Tecnoloxía de Galicia que terán lugar os días 6 e 7 de maio de 2011 no IES Francisco Asorey de Cambados.

Este ano eu non podo asistir, pero recoméndovos que asistades, pois sempre se aprenden moitas cousas nos obradoiros e charlando cos compañeiros e compañeiras.

Tedes toda a información e o formulario de inscrición na web de apetega.