Aumented sound

Xa escribín varias veces neste blogue sobre a realidade aumentada, que consiste en engadir información virtual á información física existente. En tódolos exemplos o que vemos é a inclusión dunha imaxe virtual no mundo real, podendo interactuar con ela.

Hoxe vin en Alg-a outra experiencia destas, pero no canto de imaxes o que se utiliza é son. Aumented Sound é un proxecto que amplía o son de obxectos. A idea básica é engadir unha capa máis á realidade de son dun obxecto utilizando unha aplicación desenvolta en openframeworks e en supercollider.

Aquí podes ver un vídeo de exemplo de interacción virtual nun espazo físico que ten como consecuencia a produción de son. Na área delimitada por un azulexo engadimos unas bolas virtuais que ao chocar producen distintos tipos de sons nas colisións.


Augmenting sound. Space 1 Bath. Video 2 from berio on Vimeo.

Tes máis información en Alg-a, “comunidade subacuática de arte e acción libre”.


Que é o que están a facer?

O canal de televisión Discovery ten un interesante sitio sobre tecnoloxía, no que podemos atopar vídeos, historia, xogos, etc.

Nun dos interactivos temos que demostrar o que sabemos sobre os procesos de fabricación averiguando o que están a facer en cada vídeo. Clica aquí ou na imaxe para acceder ao xogo.

queestanafacer.jpg

A ver quen consigue máis puntos!

Alí tamén temos unha experiencia de Realidade Aumentada sobre a exploración marciana. Só necesitas unha cámara web, imprimir a plantilla, e podes ver a Rover no teu escritorio.

ARmarte.jpg

Podes ver outros exemplos de realidade Aumentada publicados neste blogue


Realidade Aumentada e SketchUp

eiffel.jpg Hai un tempo publiquei un post sobre Realidade Aumentada, no que se amosaban unhas aplicacións en flash para engadir información virtual ao entorno real. Pois temos novas ferramentas para experimentar:

Con ARsights podemos reproducir modelos 3D de Google Earth. Debes descargar previamente a aplicación, imprimir a plantilla, elixir o modelo e conectar a cámara.

Pero o máis interesante de todo isto é poder deseñar as nosas propias figuras e experimentar a realidade aumentada con elas.

Daquela xa falei de BuildAR, pero paréceme máis interesante AR-media, Trátase dun plugin para Google SketchUp que nos permite integrar na realidade os modelos 3D que debuxamos con dita aplicación.

Aquí tes un vídeo no que podes ver as posibilidades:

En Tecnotic infórmannos doutra aplicación interesante que podemos experimentar. Neste caso podemos ter no noso escritorio animacións de enerxía eólica e enerxía solar.
Temos que ir a ge.ecomagination.com, imprimir a plantilla, conectar a cámara web, e xa temos as nosas animacións.

AReolica.jpgARsolar.jpg

Ver tódalas anotacións sobre Realidade aumentada


Realidade aumentada

A realidade aumentada consiste nun conxunto de dispositivos que engaden información virtual á información física xa existente. Esta é a principal diferenza coa realidade virtual, posto que non substitúe a realidade física, senón que sobreimprime os datos informáticos ao mundo real.

Podes ver un exemplo neste vídeo:

Papervision – Augmented Reality (extended) from Boffswana on Vimeo.

Grazas a Cuarto Derecha atopei unha serie de ligazóns nas que conseguir escenas de realidade aumentada en flash, sen instalar nada no ordenador. Só necesitamos unha cámara web, imprimir unha plantilla e activar a aplicación.

Estiven facendo unhas probas. Aquí van as capturas de pantalla:

En boffswana. (Imprimir plantilla)
realidade1.jpg

En strafwerk. (Imprimir plantilla)
realidade2.jpg

En michaellanding. (imprimir plantilla)
realidade3.jpg

Tamén podemos utilizar aplicacións descargables para crear escenas de realidade aumentada no escritorio. Un exemplo é BuildAR.
realidade4.jpg

Máis anotacións sobre realidade aumentada