De novo chegamos de Robocampeones cun trofeo: O equipo Baiñedo formado por Manuel, Gael e Esteban acadou o terceiro premio na proba de relevos. Parabéns campións!

Os equipos BaiOia (Samuel e Paula) e The Escarallas (Javier e Jonatan) tampouco quedaron nada mal: sétimos e oitavos dun total de 30 equipos participantes na proba de relevos. Moi ben!


Parabéns aos outros equipos gañadores da proba de relevos, de Toledo e Bizkaia. Uns cracks!
O proxecto da proba libre “Robomulta” non gañou ningún premio, pero tamén hai que felicitar a Sara e a Chono polo seu traballo, e tamén ao resto da clase que axudou na construción. Problemas técnicos a última hora, nervios e medo escénico desluciron un pouco o proxecto de control de velocidade, pero o traballo está moi ben, así que felicidades!

Máis adiante informaremos máis sobre este proxecto, con algún vídeo e explicacións máis detalladas.
Hai que agradecer ao IES Sefarad de Toledo a fantástica organización do evento, especialmente a Julio e a Mati. Un 10 para o IES Serafad!
Grazas a Jesús e a Javier que nos acolleron e felicidades ao alumnado de Velilla, que aínda que non gañasen ningún premio fixeron un traballo estupendo.

Foto conxunta Baiona-Velilla. Clica na imaxe para ampliar
E nada, xa se nos acaba o programa Arce. 4 anos estupendos cos institutos de Velilla (Madrid), el Greco (Toledo) e Zalla (Bizkaia). Unha experiencia magnífica.
—–
Actualización 22 de maio de 2011:
Saímos no xornal Faro de Vigo:

Clica na imaxe para ampliar | Ver a edición dixital.
Os vindeiros luns 11 e martes 12 de abril recibimos no IES Primeiro de Marzo a un grupo de rapaces e rapazas do IES Ana María Matute, de Velilla de San Antonio (Madrid), para participar nas III Xornadas de robótica organizadas polo departamento de Tecnoloxía do noso instituto, dentro do proxecto que temos no programa Arce de agrupamentos escolares.