Dende hoxe 23 de outubro e até o 16 de novembro terá lugar no MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, o programa audiovisual da XIX edición de ArtFutura, que inclúe máis de oito horas de imaxes de alto impacto coas últimas achegas do campo da cultura dixital, os videoxogos e os efectos especiais.
Podemos ver, entre outros, un documental sobre a exposición Máquinas e Almas, o documental Das Netz de Lutz Dammbeck, un especial sobre a escola francesa Supinfocom e unha retrospectiva de Satoshi Tamioka, recoñecido autor xaponés de animación dixital.