tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

A historia da aviación en tres minutos

ХудожникRepasando o lector de feeds, que hai tempo que teño moi abandonado, atopei en Microsiervos este xenial vídeo de Aaron Bristow y Adam Evans que resume a historia da aviación en tres minutos:

[youtube: Animated History Of Aviation]

No blogue Fronteras podemos ver a información ampliada sobre os diferentes sistemas que van aparecendo no vídeo.…

Propulsión a chorro (de auga)

A propulsión a chorro é un procedemento polo que se impulsa cara adiante un obxecto como reacción á expulsión cara atrás dunha corrente de gas ou líquido a gran velocidade.

Un exemplo sinxelo é o movemento dun globo inchado cando se deixa saír o aire repentinamente.

Outro exemplo nolo dan uns bombeiros co experimento que podes ver neste vídeo. Son capaces de elevar un automóbil utilizando chorros de auga a presión. (vía: Sin los pies en el suelo)

Os reactores atmosféricos utilizados en aviación dependen do fluxo dunha gran masa de aire que se comprime e finalmente se expande ata baixas presións a través dunha tobera para lograr unha elevada velocidade de saída do chorro.

turborreactor

Hai outras variantes, como as turbohélices, os turboventiladores, estatorreactores, etc.

Nesta ligazón podes ver unha animación do funcionamento destes sistemas.

Na páxina 8 desta infografía de consumer.es explican tamén como funcionan os propulsores dos avións.…

Boeing 777

Dende logo que non é tan rápido e doado como parece ó velo neste vídeo, pero pódeste facer unha idea do proceso de construción dun avión: Boeing 777.


Se te preguntaches algunha vez cómo é posíbel que un avión tan pesado voe, podes visitar unha animación flash de consumer no que se explica de xeito elemental Por que voa un avión? (clica aquí para ver a animación na pantalla completa)