Danza contemporánea con robots de Blanca Li

Non é a primeira vez que vemos robots actuando en espectáculos de danza e teatro, e tampouco será a última. A comunicación humano-máquina é un tema que dá para moito, e parece que a coreógrafa Blanca Li sabe aproveitalo ben introducindo instrumentos musicais robóticos de Maywa Denki e varios robots NAO de Aldebaran Robotics no seu espectáculo de danza contemporánea.

Encantaríame velo!

[Robot! (extraits) Compagnie Blanca Li from Blanca Li on Vimeo]

Visto no telexornal da TVE:
[TVE: La coreógrafa Blanca Li crea una orquesta donde los músicos son máquinas y los bailarines robots]


Fama, a bailar!

Non pensedes que os únicos concursos de baile que hai son para persoas. En Austria unha escola de enxeñería organiza cada ano a Hexapod Dance Competition, unha competición na que robots hexápodos deben amosar as súas habilidades rítmicas.

Aquí tes un vídeo cos participantes da última edición:

E o robot gañador foi este: