Cadeiras intelixentes

Desde logo que sería fantástico dispoñer destas cadeiras que “aparcan” soas nun centro de ensino. As clases estarían máis ordenadas, sen dúbida.

nissy

A “Intelligent Parking Chair” é obra de Nissan, que adaptou ás cadeiras o sistema de asistencia ao aparcamento que utiliza nos seus coches. No teito hai instaladas unhas cámaras que determinan a situación de cada cadeira e un sistema de control calcula a ruta que deben seguir ata o lugar desexado. Cando soa unha palmada esta información é transmitida vía wifi ata cada cadeira, que é capaz  de moverse automaticamente ata a posición indicada.

[youtube:Intelligent Parking Chair | Inspired by NISSAN]

Non está previsto comercializar este sistema, pero ben útil sería nos institutos de secundaria, engadindo ademais un sistema que evite randearse.

(Vía: industrytap.com)


Deseño de cadeiras… cos tapóns das botellas de cava!

Estou segura de que son moitos os lectores e lectoras deste blogue os que, nas infinitas sobremesas das celebracións de Nadal, entretéñense facendo figuriñas coa cortiza e arames do cava (eu teño feito unhas cantas), así que … por que non participar nun concurso?

Infórmannos dende nopuedocreer.com do concurso navideño DWR Champagne Chair Contest para as 50 mellores cadeiras en miniatura fabricadas íntegramente con compoñentes de dúas botellas de cava ou champagne como máximo.

Para participar tes que enviar unha fotografía da túa cadeira en miniatura antes do 9 de xaneiro, e as 50 miniaturas finalistas pasarán a formar parte dunha exposición itinerante.

Podes consultar as bases do concurso.

Aquí tes unha mostra do que se pode facer:

champagne_cork.jpg

champagne_cork3.jpg

champagne_cork2.jpg

Animádesvos a participar?