Fixádevos no rotor deste helicóptero. Parece que non se move!
[youtube: Extreme Lift Device]
Outras veces na tele ou no cine vemos rodas de coches que xiran en sentido contrario cando se moven cara adiante.
Isto é debido a que cando gravamos un vídeo a determinados fotogramas por segundo algo que xira a unha determinada velocidade angular prodúcese unha distorsión óptica do movemento.
No caso do helicóptero de vídeo, o rotor xiraba a 360 rpm e foi filmado por unha cámara a 30 fps.
(nota: rpm= revolucións/minuto, fps= fotogramas/segundo)
Imos facer uns cálculos:
O resultado é que temos un fotograma cada vez que o rotor xira 72º.
Como vemos no vídeo, o rotor ten 5 pas separadas entre si precisamente 72º. Ao xirar 72º cada pa toma a posición da anterior, e como a cámara non capta as posicións intermedias dá a sensación de que o rotor non xira.
Este efecto chámase Wagon-wheel effect ou efecto estroboscópico. Podes probalo con esta aplicación flash de michaelbach.de:
[Aplicación flash de Wagon-wheel effect]
A roda represéntase coa velocidade de película de 30 fotogramas por segundo. Mediante o cursor podes variar a velocidade angular coa que xira, desde 0 ata 200 rpm.
Observa como percibimos que a roda xira nun sentido ou no contrario segundo a velocidade angular. Se a velocidade é de 150 rpm verás como parece que está parada. Isto é o que lle ocorre ao helicóptero do vídeo.
(Este artigo forma parte da 3ª edición do entroido da física)
Actualización 1/09/2010:
En Abadía Digital acabo de ver un curioso efecto óptico nas hélices dunha avioneta. Prodúcese o chamado efecto shutter, que sucede cando as cámaras de vídeo fan un varrido vertical.
[Bendy Propeller from Steve Talkowski on Vimeo.]