Innoh!va, Creah!

innovacrea.jpgAtreveriádesvos a propoñer unha idea orixinal que poida supoñer unha nova inflexión no desenvolvemento das sociedades?
Axudariades a atopar as 5 mellores ideas que supuxeron un cambio radical na historia da humanidade?

A Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) pon en marcha o concurso INNOH!VAI, CREAH! dirixido a estudantes de ESO e Bacharelato co fin de que, organizados en grupos de traballo, propoñan unha idea que para eles e elas sería a máis innovadora do universo e expliquen que cambios introduciría na nosa vida.

Ademais de pensar unha idea orixinal deben valorar as ideas científicas e tecnolóxicas da historia da humanidade, e elaborar un “Top Five” coas cinco máis innovadoras.

O concurso INNOH!VAI, CREAH! enmárcase dentro do Ano Europeo da Creatividade e a Innovación 2009 e nel poderá participar calquera centro de ensino secundario obligatorio e bacharelato do territorio español. O prazo para participar é ata o día 6 de maio.

Tes toda a información en www.idea.fecyt.es


Concurso de guindastres construídos con paus de xeado

Vía Microsiervos entérome do Concurso nacional de guindastres construídos con paus de xeado. Está organizado pola Delegación de Estudantes da Universidade Carlos III de Madrid e consiste en construír o guindastre que soporte o maior peso posible.

concurso-gruas-helado.jpg

O concurso divídese en dúas categorías:
1. Resistencia: O prototipo será sometido a cargas crecentes ata o seu colapso, valorándose a súa resistencia.
2. Funcionalidade e estética: Valorarase a funcionalidade do guindastre, que pode levar accionamentos eléctricos ou non, e o grao de acabado e estética do mesmo.

A fase final do concurso será o vindeiro 24 de abril e en total hai 20.000 euros en premios, anque hai que pagar 40 € por inscribirse :-(

Podes consultar tódolos detalles do concurso en: www.concursogruas.es

Ata hai un par de cursos o alumnado de 1º de ESO era experto no deseño e construción de estruturas de papel que soportan cargas crecentes sen deformarse, pero coa redución horaria para a área de tecnoloxía que veu coa LOE deixamos de realizar estes proxectos por falta de tempo. Unha pena.


II Concurso de Técnica Libre: Ciencia e Tecnoloxía.

cartel.jpgCon este concurso organizado pola Universidade Politécnica de Cartagena preténdese mostrar desde unha perspectiva lúdica, dinámica e científica a actualidade da ciencia e da tecnoloxía.

Facendo uso dunha técnica libre de fotografía, montaxe fotográfica, ilustración, ou banda deseñada o obxecto do concurso será deseñar un modelo didáctico para responder a interrogantes, tales como: Por que?, Para que?, Como se fai?, Como funciona?, Que fai?, … plasmando a imaxe dun instrumento, un invento orixinal, unha máquina, un proceso físico ou químico, unha reacción, un modelo matemático, unha formulación, un proceso biolóxico, ou un concepto científico ou técnico e aportando a esa imaxe un texto dinámico, comprensible e lúdico.

Establécense dúas categorías, unha categoría A para estudantes ata 18 anos cumpridos e outra categoría B para poboación en xeral a partir de 19 anos de idade, ambas con posibilidade de obter interesantes premios.

O prazo de presentación remata o 6 de Marzo de 2009

Podes consultar aquí: