O buscador de google é, sen dúbida algunha, a máis eficaz ferramenta para facer procuras na web e atopar facilmente o que queremos. Pero non serve unicamente para iso. Sabías que o buscador de google funciona tamén como calculadora? Sabías que podemos utilizalo para a representación gráfica de funcións matemáticas? Sabías que con el podemos converter unidades?
Calculadora:
Para utilizalo como calculadora non hai máis que escribir na caixa de texto a operación que desexamos realizar e o resultado aparecerá ao darlle a buscar.
Os símbolos básicos con a suma +, resta -, multiplicación * e división /, pero hai outros:
Número “e” | e | e*1 = 2.71 | Logaritmo base 10 | log(nº) | log(10) = 1 |
Número “pi” π | pi | 2*pi*4 = 25,13 | Logaritmo neperiano | ln(nº) | ln(10) = 2.302 |
Exponencial | ^ | 2^3 = 23= 8 | Seno | sin(nºrad) | sin(pi/2)=1 |
Raíz cadrada | sqrt(nº) | sqrt(2) = √2 | Coseno | cos(nºrad) | cos(pi/2)=0 |
Factorial | !(nº) | !4= 4·3·2·1 = 24 | Tanxente | tan(nºrad) | tan(pi)=0 |
Podemos, ademais, utilizar diversas constantes físicas: G (gravitación universal), h (Planck), c (velocidade da luz no baleiro), etc.
Representación gráfica de funcións:
Unha das novidades máis recentes do buscador google é que permite a representación gráfica de funcións. Só temos que introducir a función que desexamos visualizar na caixa de texto do buscador e clicar en buscar.
Por exemplo, se introducimos sin(2e^x) o resultado é unha gráfica que podemos mover, ampliar e reducir. Ademais, vainos dicir as coordenadas do punto no que estea o cursor.
Tamén podemos debuxar varias funcións na mesma gráfica. Temos que escribilas separadas por unha coma e aparecerán representadas cada unha nunha cor diferente.
Conversor de unidades
Para utilizar o buscador de google como conversor de unidades temos que escribir o nome das unidades en inglés e separalas por “in” ou “to”.
- 90 km/h to m/s → 25 meters/second
- 30 Celsius in Fahrenheit → 86 degrees Fahrenheit
- 5000 cal to J → 20 920 joules
- 15 in to cm → 38.1 centimeters (in=polgada)
Conversor de sistemas de numeración
Tamén podemos utilizar o buscador para pasar dun sistema de numeración a outro.
Se o número que queremos converter está en binario hai que lle poñer “0b” diante, e se está en hexadecimal “0x”.
- 45 in binary → 0b101101
- 216 to hexadecimal → 0xD8
- 0b1001 to decimal → 9
- 0xf2 to decimal → 242
- 2011 in roman numerals → MMXI
Realmente hai moitas máis cousas que podes facer co buscador de google. Bótalle unha ollada a esta páxina.