ArtFutura 2009: 20 anos, da realidade virtual ás redes sociais

Hoxe comeza ArtFutura 2009, co título “20 anos, da realidade virtual ás redes sociais”.

No Museo de Arte Contemporánea de Vigo (Marco), os xoves, venres e sábados ata o 28 de novembro, poderemos asistir ao programa audiovisual deste certame, que explora os proxectos e as ideas máis importantes xurdidas no panorama internacional do deseño, os videoxogos e a animación dixital.

Nesta edición de 2009 o programa audiovisual explora os novos tipos de creatividade relacionados coas redes sociais como Facebook e YouTube.

Bo proveito:

[youtube: Western Spaghetti by PES]

Ao longo destes 20 anos ArtFutura, festival de Cultura e Creatividade Digital,  tratou de mostrar que a comezos do novo milenio, arte e tecnoloxía discorren máis que nunca por camiños paralelos.

Xa non é posible entender a arte desligada dos novos media, internet e a tecnoloxía dixital.


[youtube: ArtFutura 2009 – 20 Editions]

Máis información:


Queremos Galego!

É terrible que un pobo teña que saír á rúa a defender a súa cultura, pero é o que hai. Hoxe estarei en Compostela na manifestación en defensa da lingua galega convocada pola plataforma Queremos Galego.

queremos_galego.jpg

Porque a lingua galega é cultura, nada máis que cultura, e sen embargo hai xente que a ve con desprezo ou coma unha ameaza, e intenta acabar con ela. A cultura e coñecemento teñen que estar protexidos, porque son patrimonio da humanidade. É triste que haxa que saír á rúa na súa defensa, pero alí estaremos.

Actualización 24/10/2009:
O que alí pasou:


[youtube: Queremos Galego 18-Out.]


Obradoiro “A Maxia da Robótica” e II Concurso galego de Robótica

lego_escorpion.gifNa Semana da Ciencia 2009, a Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) organiza o Obradoiro ‘A Maxia da Robótica’ e o II Concurso galego de Robótica

O hardware utilizado será Lego Mindstorms.

  • Datas: do 9 ao 14 de novembro de 2009
  • Lugar: Casa das asociacións. Avenida de Vilagarcía, 43, Santiago

Máis información e inscrición en IGACIENCIA

– – – – –

Actualización 17/10/09: a actividade ten unha duración de só unha hora, e consiste en prácticas básicas cos robots de Lego, polo que non compensa ir co alumnado de Baiona que se tería que desprazar a Santiago. Ademais xa dispoñemos de robots Lego cos que traballar.

A convocatoria pode ser de interese para os centros de Santiago e arredores, ou centros que non dispoñan de robots Lego e queiran probalos.


Galiciencia 2009

logo-galiciencia2009.jpgGaliciencia vén de abrir o prazo de recepción de proxectos ata o 25 de outubro para a súa edición deste ano, que terá lugar no mes de novembro en Ourense

O obxectivo principal desta iniciativa, que Tecnópole organiza desde hai catro anos co patrocinio da Dirección Xeral de I+D+I da Consellería de Economía e Industria, é servir de punto de encontro para rapaces e rapazas da ESO e de Bacharelato con ideas innovadoras e con ganas de mostralas ao público nos stands que Parque Tecnolóxico de Galicia pon á súa disposición durante tres días coincidindo coa celebración da Semana da Ciencia.

En ‘Galiciencia’ teñen cabida dende proxectos experimentais e tecnolóxicos a traballos documentais.

As bases detalladas están á túa disposición neste documento.

Máis información en Galiciencia 2009

– – –
A min parécenme datas malísimas para este tipo de actividades. A final de curso hai un montón de proxectos que se poderían expoñer, pero nestas datas aínda acabamos de empezar. Terano en conta algunha vez?


Concurso de Software Libre

concursoSL.pngPor se a alguén lle interesa, o Concurso Universitario de Software Libre é un concurso de desenvolvemento de software, hardware e documentación técnica libre, no que poden participar estudantes universitarios, de bacharelato ou ciclos de formación profesional de grao medio e superior no ámbito estatal español.

Para liberar os proxecto usarase forxa de RedIRIS e un blogue onde cada participante contará a súa experiencia no desenvolvemento durante o curso escolar 2009/2010.

Podes ver aquí as bases da convocatoria.
O prazo de inscrición remata o 7 de novembro

(Grazas Josek pola información)