tecnoloxia.org

Tecnoloxía na Educación Secundaria

14 xeitos de atarse os cordóns e un para o velcro

Despois das vacacións de Nadal é habitual ver tenis novos nos pés da rapazada do insti. Semella ser un dos regalos máis pedidos.

Se queres darlle un toque persoal non chega con levar un modelo orixinal. Proba atar os cordóns de distinto xeito. En cuartoderecha.com atopei unha chea de maneiras de atar os cordóns. Comeza con estas 14:

cordons.jpg

Se queres ver as instrucións máis detalladas vai a buburuza.net.

Pero se non te chegan con eses 14 modelos non te preocupes, que aínda hai máis. En fieggen.com móstrannos 33 xeitos de atarse os cordóns.

E para quen non queira complicarse existe un sistema que aforra o traballo de facer o lazo:


[youtube: The North Face Endurus XCR Boa]

Outro sistema moi común de peche para os tenis é o velcro.
Foi inventado por George de Mestral en 1955 e conta nun lado cuns ganchos máis ou menos deformables que se agarran a unha tira de fibras enmarañadas.

Aquí podes ver unha imaxe microscópica:
electron-microscope-image-of-velcro.jpg

Pero a cousa non se queda aí. Enxeñeiros alemáns do Instituto de Fundición e Mecanizado de metais na Universidade Técnica de Munich deseñaron un “velcro” de aceiro capaz de soportar cargas de ata 35 toneladas por metro cadrado a temperaturas de ata 800 graos. Chámase Metaklett.

metaklett.jpg

Por suposto que non vale para amarrar as zapatillas. As aplicacións deste tipo de unión son industriais: suxeición de grandes cargas, ensamblado, constución, etc.…