Deseño de cadeiras… cos tapóns das botellas de cava!

Estou segura de que son moitos os lectores e lectoras deste blogue os que, nas infinitas sobremesas das celebracións de Nadal, entretéñense facendo figuriñas coa cortiza e arames do cava (eu teño feito unhas cantas), así que … por que non participar nun concurso?

Infórmannos dende nopuedocreer.com do concurso navideño DWR Champagne Chair Contest para as 50 mellores cadeiras en miniatura fabricadas íntegramente con compoñentes de dúas botellas de cava ou champagne como máximo.

Para participar tes que enviar unha fotografía da túa cadeira en miniatura antes do 9 de xaneiro, e as 50 miniaturas finalistas pasarán a formar parte dunha exposición itinerante.

Podes consultar as bases do concurso.

Aquí tes unha mostra do que se pode facer:

champagne_cork.jpg

champagne_cork3.jpg

champagne_cork2.jpg

Animádesvos a participar?


A billa máxica

Cando se deseña e constrúe un obxecto ou sistema, a orixinalidade non ten por que estar reñida coa funcionalidade. Aquí tes un exemplo dunha fonte:

fontebilla.jpg

(Vía: Inspire me, now!)

Un deseño orixinal pero que non sexa funcional e práctico non vale, a non ser que se trate dunha obra de arte que só persiga chamar a atención.

sofa_huevos.jpg

Tarefa:
– Buscar formas orixinais para obxectos funcionais cotiáns.
– Mellorar a funcionalidade de obxectos de deseño que non vexas funcionais.