Digalego no navegador

Mentres a Consellería de Educación quere poñernos cada vez máis difícil aprender galego, a tecnoloxía vai poñéndonos as cousas máis doadas.

A través do Xornal.com atopei unha aplicación de Digalego que permite consultar o significado de calquera palabra en galego desde calquera páxina web premendo só un botón. (Grazas @chevarria_gz)

logo-diccionario.gif

Vai a digalego.com e arrastra “Buscar en Digalego” á barra de marcadores ou favoritos. Cando desexes saber o significado dunha palabra en galego que apareza en calquera web, só tes que seleccionala e premer na ligazón. Sairá unha xanela emerxente co significado en galego, sinónimos e a tradución a outras linguas.

No Xornal.com póñennos isto aínda máis fácil, pois non tes que ter instalado nada, senón que facendo dobre clic sobre calquera palabra aparece a xanela do dicionario coa súa definición.

En Internet, tamén en galego!


digaTIC, Dicionario Galego das TIC

Buscas algún termo en galego relacionado coas TIC?
Se é así, podes botar man do Dicionario Galego das TIC

digatic.png

digaTIC é un proxecto desenvolvido pola Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG), financiado pola Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, que pretende pór a disposición da comunidade tecnolóxica un amplo léxico técnico en galego que facilite a utilización e a propagación da nosa lingua dentro deste ámbito.

Inclúe léxico relacionado co audiovisual, educación e ocio, electromagnetismo, electrónica, ICT e domótica, sistemas de telecomunicación, Internet, procesado de sinais, tecnoloxía informática e tecnoloxías da transmisión.

A tecnoloxía en galego!