Un circuíto intermitente cun led ou dous non queda moi vistoso, e na ESO, para fardar de proxecto, non hai nada como incluír un cartaz luminoso intermitente coma o da foto. Sen embargo conectar tantos LEDs dá bastante traballo.
Hai unha solución interesante utilizando fibra óptica. A luz viaxa polo conducto da fibra óptica sen saír dela ata chegar ao outro extremo.

Podemos facer o noso deseño de cartel conectando un dos extremos da fibra óptica nunha matriz de buratos, e o outro extremo de xeito que poida coller a luz que sae dun LED, tal e como se pode ver na seguinte imaxe: (A idea e a imaxe son de Talking Electronics)

O LED é a saída do noso circuíto intermitente, que pode construírse cun 555 en funcionamento astable ou cun multivibrador. Se utilizas dous LEDs, como no esquema da figura, podes conseguir unha imaxe en movemento.


Os chips aplícanse en multitude de dispositivos, como ordenadores, vehículos, electrodomesticos, teléfonos móbiles, reproductores de mp3, calculadoras, robots, e un longo etcétera.
Neste segundo trimestre empezarei cos proxectos en 4º de ESO. A intención é que apliquen os circuítos electrónicos que estivemos vendo na primeira avaliación. Aproveitando que fan os proxectos traballarán tamén o debuxo asistido por ordenador.