Deformación magnética dunha imaxe de TV

Grazas a Electrónica Pascual entérome da existencia da videoteca do MIT (Instituto Tecnolóxico de Massachusset), na que podemos atopar interesantes vídeos sobre tecnoloxía e ciencia.

Na sección de electrónica atopamos este experimento: Cando un potente imán achégase a unha pantalla de televisión obsérvase como se deforman a imaxe e as cores.

Isto prodúcese porque nos televisores de tubo de raios catódicos (CRT) as imaxes son producidas por raios de electróns que se desvían e aceleran ata os distintos puntos da pantalla, producindo puntos de luz na mesma. Cando achegamos o imán o que facemos é desviar eses feixes de electróns, producindo unha deformación da imaxe.

tv.png

(Imaxe: sección aula do xornal El Mundo)


Simulador para arduino

No insti fixémonos cunhas tarxetas arduino para o alumnado de tecnoloxía industrial de bacharelato. Experimentaremos este ano con elas, e a ver que proxectos somos capaces de deseñar e poñer a funcionar.

fschemerawsmall.jpg

Como axuda ao deseño acabo de ver en Make a aplicación Fritzing, que permite deseñar os prototipos nunha protoboard e transferir os deseños a unha PCB. Ten boa pinta, así que haberá que probala!

fritzing.png


Insecto luminoso

Este é un divertido insecto cuxos ollos emiten unha luz que parpadea cando sopra o vento:

Trátase dun circuíto cunha pila de botón e dous LEDs. Unhas longas antenas móvense co aire e, cando tocan nos “cornos” do insecto, péchase o circuíto e acéndense os LEDs.
O circuíto é moi sinxelo. O que máis traballo pode levar é o axuste axeitado das antenas para conseguir o efecto intermitente.

En Make podes ver as instrucións para montalo
insecto.jpg
MKKM1-2.jpg