Non sei por que aquí temos dúas plataformas para defender o ensino público, por que uns convocan unhas mobilizacións e outros outras diferentes ou por que andan uns cos outros a rifar. Impórtanme pouco os motivos deste mal entendemento, só sei que estamos a asistir a un desmantelamento dos servizos públicos básicos da educación e da sanidade que cómpre frear.
Agardo non ser moi inxenua ao pensar que é posible apartar as diferenzas e loitar unidas e unidos polo que é de toda a sociedade. É a única forma, e estou segura de que paga a pena.
A Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia, APETEGA, aprobou na pasada asemblea o seguinte comunicado:
Manifesto en defensa da lingua galega
Como asociación de profesorado, queremos manifestar a nosa preocupación ante a intención do novo goberno de Galicia de derrogar o Decreto 124/2007 polo que se regula o uso e promoción do galego no sistema educativo.
Consideramos que a lingua galega forma parte da riqueza e da idiosincrasia do noso país, e como todos sabemos o seu uso está en alarmante retroceso. Dende as institucións educativas debe ser transmitida e apoiada para fomentar o seu uso, buscando unha situación de igualdade real entre as dúas linguas de Galicia.
Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia, APETEGA
Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2009
A título particular, considero que utilizar a lingua e a educación como arma política é un feito lamentable e completamente irresponsable. A lingua é cultura e nos centros de ensino trasmitimos ante todo cultura, e iso debe defenderse sempre, con independencia das políticas dun goberno ou dos intentos de censurar información que recordan a épocas pasadas.
O ensino debe estar guiado sempre polo rigor científico e por criterios educativos, e non por intereses políticos que desprezan a cultura e a liberdade de información e de expresión.
Tríptico da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística: “As linguas suman“…
Únome á iniciativa de Alberto Armada de escribir este post no meu blogue:
Solicito que se incorporen sen demora as TIC ao ensino público en tódalas aulas do estado español en condicións de igualdade e cos máximos recursos.
É que basta ver o que se fai máis alá do telón de grelos para darte de conta das desigualdades que hai entre uns lugares e outros ou entre uns centros e outros. E Galicia na cola :-(…