Podemos ter costume de traballar con picofaradios (1 pF = 10-12 F), megaohmios (1 MΩ = 106Ω) ou xigapascais (1 GPa = 109 Pa), pero hai outros prefixos que non soan moito xa que non os usamos, aínda que non está de máis coñecelos.
No Taller II temos un novo póster, unha adaptación informativa do póster que nos regalaron pola semana da Ciencia. Aquí tedes as equivalencias:
Prefixo | Factor | Símbolo | |
yocto | 10-24 | y | |
zepto | 10-21 | z | |
atto | 10-18 | a | |
femto | 10-15 | f | |
pico | 10-12 | ? | |
nano | 10-9 | n | |
micro | 10-6 | µ | |
mili | 10-3 | m | |
centi | 10-2 | c | |
deci | 10-1 | d | |
deca | 101 | da | |
hecto | 102 | h | |
kilo | 103 | k | |
mega | 106 | M | |
xiga | 109 | G | |
tera | 1012 | T | |
peta | 1015 | P | |
exa | 1018 | E | |
zetta | 1021 | Z | |
yotta | 1024 | Y |
Para entender o que significan estas dimensións vai dar unha volta polo interior do corpo humano, dun ordenador ou dun faro dun automóbil.
(Este artigo forma parte da 1ª edición do entroido da física)