Na edición deste ano o Concurso Espacial ten como lema a navegación por satélite. Está dirixido a estudantes de segundo ciclo de ESO, bacharelato e ciclos de formación profesional de grao medio.
Pódense presentar traballos de robótica espacial, investigación, experimentación, narrativa-banda deseñada e animación, sempre en relación co tema deste ano. O prazo de presentación é dende o 1 de xaneiro ata o 28 de febreiro de 2010.
Os equipos gañadores poderán participar nun campamento espacial de 10 días en Madrid e Granada, que inclúe obradoiros de robótica, construción de cohetes, observación astronómica, coloquios con persoas expertas en ciencia e tecnoloxía, visitas a estacións da NASA e ESA e ao parque das ciencias de Granada. Dende logo que o premio ten moi boa pinta.
Máis información en www.concursoespacial.com
Que pesados coas unidades! deben de pensar moitos alumnos e alumnas cando insistimos en que as indiquen correctamente. Pero é que non é para menos. Aquí vai un exemplo das consecuencias que pode ter non indicar correctamente as unidades de medida: