Espertador pneumático

Xa queda moi pouco para que comecen as clases. Se es dos que lles custa levantarse polas mañás e non lle fas caso ao espertador, sempre podes probar algo máis drástico, coma este espertador que funciona acoplando un cilindro pneumático á cama, accionado por unha electroválvula e controlado por ordenador.


youtube: Worlds Biggest Alarm Clock

Mañá comezan os exames de setembro, así que non te esquezas de poñer o espertador.

Podes ver aquí outros modelos de espertadores.


Espertador de auga

O luns que vén xa temos os odiados exames de setembro. Profes e alumnado teremos que conectar o espertador despois de moito tempo erguéndonos á hora que nos peta.
Dificultades para espertar pola mañá? Se non tes un deses espertadores comerciais que nos fan espabilar podes fabricar un espertador de auga como o que nos amosan neste vídeo. Non hai como unha boa ducha de auga fría para poñerse en pe.


How To Make a Water Gun Alarm Clock on Howcast

Ocórreseme que podemos utilizar un espertador como programador para os nosos proxectos. Por exemplo, para facer un sistema de rego automático, ou calquera outro proxecto que queiramos que se poña en funcionamento a unha hora determinada. Cun espertador dos “chinos” e un relé conectado no canto do altofalante ou en paralelo con el xa temos un programador, temporizador ou cronómetro que poden ser útiles para utilizalos nos nosos prototipos.


Espertadores eficientes

A tecnoloxía é o campo da actividade humana que responde ó desexo de transformar o mundo que nos rodea na procura de novas formas de satisfacer as nosas necesidades. Cando temos unha necesidade, ideamos, deseñamos e creamos un produto ou servizo que nos permita solucionar o problema inicialmente plantexado.

Existen infinidade de exemplos de múltiples solucións posibles a un mesmo problema ou necesidade. Vou poñer un exemplo de deseño de espertadores, que vai dedicado a todas aquelas persoas ás que lles custa levantarse polas mañás, eu incluída. (grazas a “no puedo creer que lo hayan inventado” pola recompilación de inventos gueeks, frikis e variopintos)

A necesidade:
O espertador clásico non me vale, xa que estiro o brazo, apágoo, e sigo durmindo. Necesito un espertador que me faga levantar e, o máis importante, espabilar.

As solucións:
Nesta galería podes ver algúns deseños, todos coa mesma intención: Nada de apagar o espertador sen máis, deberás agudizar os sentidos e poñerte en marcha.

Ocórreseche algún outro sistema para incorporarlle a un espertador e que nos faga espabilar?