Computopías. Visión futurista da escola

En 1969, a revista Shonen Domingo incluíu unha serie de artigos ilustrados titulado “computopías” e que describe a vida nun futuro impregnado de computadoras.

Fixádevos como imaxina o futuro nunha aula dun colexio: (clica na imaxe para ampliala)

computopia_1.jpg

“O nacemento da escola informatizada”, ilustrado por Shigeru Komatsuzaki, imaxina o interior dunha aula do futuro, onde a profesora é unha imaxe nunha pantalla e o alumnado séntase nuns pupitres equipados con ordenadores. Cando a mestra presenta un problema, os estudantes deben resolvelo na pantalla utilizando un punteiro, e se a resposta é incorrecta deben corrixilo ata que o equipo indique que é correcto.

Coa finalidade de manter a orde, a aula está equipada con robots vixiantes que se encargan de castigar a quen estea distraído dándolle na testa cunha bola articulada. Pero non só están os robots, tamén hai un mecanismo no teito que se activa cando alguén non está traballando.

Fixádevos na cantidade de trebellos que se atopan na aula, polas paredes. Moita tecnoloxía, pero ben utilizada? Xa falei disto nun antigo post: “A escola do futuro

Aínda que ter un robot na aula á nosa disposición non estaría nada mal. Deixaríalle o mecanismo para dar labazadas, por exemplo, cada vez que alguén faga un curtocircuíto nas prácticas ;-) aínda que engadindo funcións de repartir e recoller o material, o que nos aforraría bastante tempo e traballo.

Podes ver máis ilustracións da serie en pinktentacle.com.

(Vía @alpoma)


Fósiles do futuro

Como serán os fósiles que se atoparán dentro duns miles de anos?

Christopher Locke imaxínao nun dos seus traballos de arte contemporánea. Utiliza unha mestura de formigón para crear pezas que aparentan ser os fósiles do futuro. (Visto en planetagadget.com)

[Ver en Slidemypics]

Xa vedes, o que agora vos parece do máis actual en poucos anos vaise considerar tecnoloxía obsoleta, anque farían falta moitos máis anos para que se producise a fosilización (sen contar con que só se fosilizan os materiais orgánicos)