Galiciencia vén de abrir o prazo de recepción de proxectos ata o 25 de outubro para a súa edición deste ano, que terá lugar no mes de novembro en Ourense
O obxectivo principal desta iniciativa, que Tecnópole organiza desde hai catro anos co patrocinio da Dirección Xeral de I+D+I da Consellería de Economía e Industria, é servir de punto de encontro para rapaces e rapazas da ESO e de Bacharelato con ideas innovadoras e con ganas de mostralas ao público nos stands que Parque Tecnolóxico de Galicia pon á súa disposición durante tres días coincidindo coa celebración da Semana da Ciencia.
En ‘Galiciencia’ teñen cabida dende proxectos experimentais e tecnolóxicos a traballos documentais.
As bases detalladas están á túa disposición neste documento.
Máis información en Galiciencia 2009
– – –
A min parécenme datas malísimas para este tipo de actividades. A final de curso hai un montón de proxectos que se poderían expoñer, pero nestas datas aínda acabamos de empezar. Terano en conta algunha vez?