Para os de 2º de bacharelato: Non vou acceder á vosa petición de publicar aquí as preguntas do exame de mañá (bo intento!), pero xa que o pedistes vou darvos unha pista: Unha das cuestións vai sobre o seguinte circuíto oleohidráulico.
[Animación flash de uclm.es]
Agora só falta que a alguén se lle ocorra vir por aquí e miralo…
Coma sempre, o que máis vale son os problemas: Haberá un problema de hidráulica con varios apartados, un problema de regulación e control (eses bloques que tanto odiades), un problema de motores eléctricos e un exercicio de cuestións teóricas e de razoamento, entre as que se atopan un par de preguntas sobre o circuíto anterior.
Sorte!