Aquí tedes algúns materiais de apoio aos apuntamentos de clase, e que vos poden axudar a facer os traballos sobre as instalacións eléctricas que tedes nas vosas vivendas.
Xa coñecemos o funcionamento dos diferentes tipos de centrais eléctricas. A enerxía eléctrica xerada nelas debe chegar agora ás nosas casas. O camiño que segue podémolo ver na seguinte infografía de Rede Eléctrica de España, e constitúe o que chamamos rede de distribución pública:
- Red Eléctrica de España: Cómo funciona el sistema eléctrico
O centro de control eléctrico (CECOEL) é o responsable da operación e supervisión coordinada en tempo real das instalacións de xeración e de transporte. Garante a continuidade e seguridade do subministro eléctrico mantendo en constante equilibrio a xeración e o consumo.
Para entender como funciona podes realizar una visita virtual ou xogar ao xogo “CONTROLA, simulador de control eléctrico“. A misión é manter o subministro eléctrico ante incidencias diversas, controlando la produción das centrais para dar resposta ao consumo en núcleos urbanos e industriais.
A instalación de enlace une a rede de distribución pública coa instalación interior de cada vivenda.
Para comprender agora por onde entra a electricidade nun edificio de varias vivendas temos esta infografía de educarex.es:
A instalación eléctrica interior é a que temos dentro da vivenda. Cada derivación individual chega a unha vivenda a través do Cadro Xeral de Mando e Protección que se atopa á entrada da mesma.
Outro material que pode ser útil é o que nos ofrece digital-text: “Instalaciones de la vivienda”
– – – – – – – – – –
Para axudarvos a identificar todo isto nas vosas casas, desde o poste ou desde a acometida ata o cadro de mando e protección, poden servirvos estes documentos de Foremfe Elea, nos que se ilustran as diferentes partes con fotografías:
- Caixa de protección
- Centralización de contadores
(Isto válevos aos que vivides nun edificio de varios pisos. Nas casas unifamiliares o que soedes ter é unha caixa de protección e medida. Mirade os apuntamentos de clase.) - Cadro eléctrico de distribución.
Orientacións para os traballos:
- Saca fotografías de todo o percorrido, polo menos desde a acometida, e engádelles descricións aos distintos elementos. Se podes, intenta atopar o poste eléctrico e o transformador de media a baixa tensión.
- Se decides facer un vídeo, débese escoitar ben toda a explicación.
- Se o cadro xeral de mando e protección da túa vivenda está sen etiquetar, engade etiquetas identificativas debaixo de cada interruptor.
- Fixándote no cadro, fai un esquema unificar da instalación.
Cando remates o traballo podes botar unha partida ao xogo simulador do centro de control eléctrico “controla”.