A primeira vez que vin un semáforo de peóns que indicaba os segundos que faltaban para cambiar de verde a vermello pareceume unha idea estupenda que debería instalarse en todos os semáforos, pois así sabemos se nos dá tempo ou non a cruzar. Non sería difícil, pois nunha pantalla de LEDs podemos mostrar facilmente esa información e calquera outra que queiramos.
Sen embargo isto non evita que quen non teña paciencia cruce sen respectar a sinalización. Para aumentar a seguridade neses casos, a compañía Smart deseñou un semáforo que fai que os peóns agarden no canto de cruzar. Consiste nunha cabina equipada con cámaras que recolle os movementos das persoas que entran a bailar e tradúceos nunha silueta na pantalla de LEDs do semáforo, coa intención de que os peóns queden entretidos mirando.
Parece ser que esta instalación realizada nun semáforo de Lisboa aumentou nun 81% o número de persoas que pararon a ver a silueta bailando en lugar de cruzar a rúa.
Aquí tedes o vídeo:
[youtube: The Dancing Traffic Light] (Visto en hacedores.com)
Se queredes saber máis, podedes visitar a campaña de seguridade de Smart “WhatAreYouFOR”
Curiosa e divertida iniciativa :-)